xoves, 3 de abril de 2014

Garabato




Mon abre local: A inauguración é este venres 4 as 20: 30 horas. Rua Fomento, local 52/53 (nas Galerias ubicadas entre a rúa Fomento coa rúa Igrexia)

Con os poetas Paco Souto, Rosalía Fernández Rial e a artista Chiña como mestres de ceremonias.

A continuación reportaxe que saíu na Voz de Galicia o día 2.



"O artista carballés Mon Lendoiro está que non para estes días. Ademais de vixiar o ceo á espera de que a aparición do sol lle permita retomar os traballos do mural co que participa na iniciativa Derrubando muros con pintura; de ocuparse de tramitar a constitución oficial da asociación de artistas Crea Formas -da que é presidente-, e de preparar a mostra colectiva dos participantes na Aula de Gravado decidiu embarcarse nunha nova aventura profesional abrindo unha galería de arte na capital bergantiñana.
Garabato é o nome co que bautizou o seu «obradoiro de belas artes», que está situado na galería que une as rúas Fomento e Igrexa e que será inaugurado de forma oficial este venres pola tarde.
(...)
As mensaxes de parabén sucedéronse estes días, e aínda que o propio Lendoiro recoñece que non corren bos tempos para o mundo da arte e que se trata dunha aventura arriscada, fai gala tamén de grandes doses de ilusión e optimismo."



De parte da Asociación: ¡Moita sorte Mon!


Ningún comentario:

Publicar un comentario