mércores, 30 de abril de 2014

Entrevista

Non vos perdades a interesante entrevista ao noso presidente, Mon Lendoiro, no Compás da Costa da Morte.
Nela fálase de toda a súa actividade actual, a súa galería, do proxecto Derrubando Muros, e da súa exposición de Maneiras de Querer na tenda Mar de Encuentros. 


martes, 29 de abril de 2014

Presentacións

Os nosos artistas mais algúns outros teñen unha cita. Estas son as datas:

Milagros Cotelo en Kasa Klandestino o día 1 de maio 

Cristina Castro no Café Abastos o día 2, venres.
Antonio Reino na Viñoteca Ánfora o sábado 3 de maio.
Santi Picos en Café Cervantes o día 4 de maio.
Pedro Tasende en Mesón do Pulpo o día 5, luns.
Paula Fraile en A Cova o día 7 de maio.
Antonio Taracido en A de Pako o día 8.
Mon Lendoiro en a Cervexaria Ágora o venres, 9 de maio.
Alberto Varela Ferreiro en Café Valle Inclán o 10 de maio.
Eva Facal en A Cabaña o domingo 11 de maio.
Emi de las Heras en Tasca A Pedra o día 13 de maio.
Roberta Venanzi en A Bombonera o 14 de maio.
O'Mighelo en O Pescador o día 15.

Todas as presentacións son as 20:30 horas con entrada libre.




xoves, 24 de abril de 2014

Contos de Taberna

Dende onte, Día do Libro, ata o Día das Letras Galegas, estase a desenrolar un proxecto levado a cabo pola concellería de Turismo dentro do programa “Quedamos en Carballo”. Consiste en facer unha consumición mínima de 15 euros en catorce locais da vila, e a cambio conseguirase un conto escrito por autores carballeses…e esta é a gracia, ilustrados tamén por artistas locais ou vinculados ó concello por outros proxectos. Moitos deles membros de Crea Formas. Nesta ligazón tendes máis datos.
Esta é a lista para que non vos perdades a colección:
Ágora. Relato: Henrique Mariño. Ilustración: Mon Lendoriro
A Bombonera. Relato: Xosé Antonio Andrade. Ilustración: Roberta Venanzi
A Cabaña. Relato: Rosalía Fernández Rial. Ilustración: Eva Facal
A Cova.  Relato: Cristina Abelleira. Ilustración: Paula Fraile
A de Pako.  Relato:Mercedes Queixas. Ilustración: Antonio Taracido
A Pedra.  Relato: Paco Souto. Ilustración: Emi de las Heras
Abastos.  Relato: Santi Garrido. Ilustración: Cristina Castro
Ánfora.  Relato: Ramón Vilar Landeira. Ilustración: Antonio Reino
Café Cervantes.  Relato: Ignacio Silva. Ilustración: Santi Picos
Café Valle Inclán. Relato e ilustración: Alberto Varela Ferreiro
Kasa Klandestino.  Relato: Xurxo Borrazás. Ilustración: Milagros Cotelo
Mesón do pulpo.  Relato: Fernando Cabeza Quiles. Ilustración: Pedro Tasende
O Mexillón.  Relato: Beatriz Fraga. Ilustración: Lidia Cambón
O Pescador.  Relato: María Canosa. Ilustración: O’Mighelo

sábado, 12 de abril de 2014

Directiva

Os responsables de Crea Formas apuran estes días os trámites para a inscrición oficial da asociación, que xa ten a súa primeira directiva. Está integrada por Mon Lendoiro, presidente, Miguel Anxo Calvo «O'Mighelo» , vicepresidente, Emi de las Heras, secretaria, Eva Facal, tesoreira, e Pedro Tasende e Antonio Taracido como vocais.

Gravado en Carballo. Continuación.

IMG-20140412-WA0002 IMG-20140412-WA0003




Como dixo Milagros Cotelo, nunha emotiva inauguración, e con a maioría dos alumnos dos obradoiros de Manuel Facal presentes, puidéronse ver os seguintes autores e obras expostas:
Alejando Vázquez
-Asia
Andrés Rey Mancebo
-Carballeiras
Antón Díaz Sánchez
-Sen Título
Antonio Taracido García
-Sen Título
Cristina Castro Santiago
-Viveza
Emilia Rodriguez de las Heras
-Percorridos urbanos
Eva Facal
-Sen Título
Isa Fernández
-Sen Título
José Manuel Rama Edreira
-Sen Título
Luis González (Yiyi)
-Trazos naturais
Manuel Eirín
-Par
Milagros Cotelo Rama
-Sen Título
Mon Lendoiro
-2ª Proba
O'Mighelo (Miguel Anxo Calvo Pose)
-Primeira impresión
Pedro Tasende
-Almofada
Raúl Gonzalez Herrera
-Pecio 001
Santi Picos Díaz
-Idea dun día de choiva
Santiago Castro Taibo
-Sen Título
Viki Rivadulla
-No fondo
Nestas ligazóns podedes leer como foi a presentación da expo colectiva de gravado.
A Voz de Galicia

Santiago Castro Taibo
-Sen Título

 Andrés Rey Mancebo
-Carballeiras


Milagros Cotelo Rama
-Sen Título


Emilia Rodriguez de las Heras
-Percorridos urbanos

Antonio Taracido García
-Sen Título

José Manuel Rama Edreira
-Sen Título


Manuel Eirín
-Par



Viki Rivadulla
-No fondo


mércores, 9 de abril de 2014

Gravado en Carballo. Exposición.

Mañá xoves 10 inaugúranse as 8:30 no Pazo de Cultura coa presencia de Manuel Facal e os seus alumnos, os traballos resultantes dos obradorios levados a cabo á finais do ano pasado e principios deste no Fórum da mesma localidade. Poderanse ver durante todo un mes en horario de tarde. Moi recomendable.

venres, 4 de abril de 2014

Derrubando muros


O proxecto vai vento en popa. Os artistas locais deixamos os manexables lenzos por enormes muros e andamios, e a tranquilidade da casa ou o do estudio por o bulicio das rúas para chegar a un público máis amplio. Todos coincidimos en que impón e que é unha responsabilidade.
Os novos muros en marcha son os de:
Paula Fraile, no cruce das rúas Valle Inclán, Baixa, Doctor Fleming y Vázquez de Parga, con un mural de inspiración abstracta que aproveita as manchas de humidade.


O de Roberta Venanzi, na traseira da vella estación de autobuses onde está facendo unhas fiestras respetando as divisións da parede.


O de Lidia Cambón, na Escola de Arrabales, uns coloridos debuxos que adornaran por completo o edificio.


O de Cristina Castro, tamén de inspiración infantil, moi preto de alí, na Avenida da Milagrosa.


O de Eva Facal, na rúa do Sol, con un guitarrista cheo de encanto.

E o último de momento, o de Emi de las Heras, adicado ó mundo circense, cuns acróbatas minimalistas, no número 11 da rúa baixa.


Quedan os muros de Mon Lendoiro, preto da nova biblioteca, o de Santi Picos,que espera poder actuar nas inmediacions do colexio Leus, o de Lola Oviedo, o de O'Mighelo, o de Antonio Reino, Chiña, etc.

Podedes seguir o proceso na páxina de Facebook "Derrubando Muros"

xoves, 3 de abril de 2014

Garabato




Mon abre local: A inauguración é este venres 4 as 20: 30 horas. Rua Fomento, local 52/53 (nas Galerias ubicadas entre a rúa Fomento coa rúa Igrexia)

Con os poetas Paco Souto, Rosalía Fernández Rial e a artista Chiña como mestres de ceremonias.

A continuación reportaxe que saíu na Voz de Galicia o día 2.



"O artista carballés Mon Lendoiro está que non para estes días. Ademais de vixiar o ceo á espera de que a aparición do sol lle permita retomar os traballos do mural co que participa na iniciativa Derrubando muros con pintura; de ocuparse de tramitar a constitución oficial da asociación de artistas Crea Formas -da que é presidente-, e de preparar a mostra colectiva dos participantes na Aula de Gravado decidiu embarcarse nunha nova aventura profesional abrindo unha galería de arte na capital bergantiñana.
Garabato é o nome co que bautizou o seu «obradoiro de belas artes», que está situado na galería que une as rúas Fomento e Igrexa e que será inaugurado de forma oficial este venres pola tarde.
(...)
As mensaxes de parabén sucedéronse estes días, e aínda que o propio Lendoiro recoñece que non corren bos tempos para o mundo da arte e que se trata dunha aventura arriscada, fai gala tamén de grandes doses de ilusión e optimismo."



De parte da Asociación: ¡Moita sorte Mon!