sábado, 14 de marzo de 2015

Premios

Nominados case por triplicado, a nosa asociación Crea Formas, o proxecto Derrubando Muros no que participamos moitos de nos, e o noso socio O'Mighelo individualmente, optamos todos polo premio de Carballés do ano do Padroado Fogar de Bergantiños. Podedes leer todas as candidaturas na Voz.
Noraboa tamén a Viki Rivadulla pola súa candidatura ao premio Nordés da Audiencia 2014. Máis información aquí.




domingo, 8 de marzo de 2015

Contos do mar

Onte levouse a cabo pola tarde na biblioteca municipal de Muxía unha reunión de contos marítimos para todos os públicos. O lugar encheuse e interviñeron Miguel Mato, Marité Prieto, Paco Souto, Iolanda Aldrei e Juan Alberto Moure entre outros. A presentadora foi a nosa socia, Viki Rivadulla.


venres, 6 de marzo de 2015

Faladoiro con Milagros Cotelo

Comezaron unha serie de faladoiros na nova biblioteca de Rego da Balsa que se celebrarán cada primeiro xoves de mes. Para inaugurar esta boa idea chamaron a nosa socia, Milagros, para que falase da súa experiencia vital e compartise cos presentes o seu punto de vista. A pesar dos nervios, soubo expresar claramente as súas ideas: a súa traxectoria autodidacta a base de erros-rectificacións, as súas preferencias na técnica e as trabas, en xeral, que se encontra nas administracións públicas. Como unha pequena gran guerreira que é, aproveitou para pedir que os responsables das novas edificacións, probasen a estar nunha cadeira de rodas ou cos ollos vendados durante un mes. Pode que a sociedade estea máis concienciada actualmente pero a sensación que ten a artista é que retrocedemos anos en canto a axudas e sente pena polas novas xeracións de discapacitados porque van ter que pasar polo que ela pasou. Hai demasiados prexuízos aínda. Falando co público, a pintora, recoñeceu que trata de reflectir a crueza da vida nos seus cadros mentres que nas súas ilustracións se mostra máis amable.
Unha hora de charla que nos fixo aprender moito os presentes.