sábado, 29 de marzo de 2014

Crea Formas na prensa


Publicado hoxe na Voz de Galicia. 




O panorama artístico carballés atravesa por un momento de grande efervescencia no que o labor dos creadores cobrou unha visibilidade inusual. Proba diso é a realización de varias exposicións colectivas ou a participación de moitos destes artistas no proxecto para recuperar coas súas obras diversos espazos degradados da zona urbana de Carballo.
Esta actividade permitiu aos seus integrantes retomar a idea de articularse formalmente como colectivo e poñer en marcha unha entidade cultural propia. Crea Formas é o nome co que acaba de botar a andar esta asociación, nacida en Carballo, pero do que xa forman parte artistas doutros puntos de Bergantiños, e que está aberto ás manifestacións artísticas máis diversas: «Hai dende fotógrafos a ceramistas, pintores, escultores, ilustradores... e está aberta a todos aqueles que queiran formar parte», explica o seu primeiro presidente, Mon Lendoiro.
Os obxectivos
A súa intención é que a asociación sirva para articular propostas conxuntas que xa se veñen realizando, como a exposición que se realiza no marco do programa de actos do San Xoán, impulsar outras novas e servir de foro de intercambio de ideas, ademais de vehículo para acceder a subvencións ou outras campañas das Administracións públicas. «A época é mala, pero estámonos movendo moito», apunta Lendoiro, que espera que Crea Formas sirva tamén para dar a coñecer os mozos creadores locais que aínda non deron o salto á exposición pública.

luns, 17 de marzo de 2014

Reunións

Unha das actividades da asociación son as reunións que adoitan ser moi a miúdo debido a todo o que organizamos. Nelas trátanse diversos temas como as accións a levar a cabo, as exposicións, etc. Mentres nos conceden ou non o noso propio local, nos reunimos no Pazo de Cultura.
Estas son un par de fotos da reunión do pasado venres 14.



domingo, 16 de marzo de 2014

Pintando Muros

Como xa saberedes pola prensa, en Carballo, xuntáronse dous proxectos de pintar murais, o da asociación, Senda Nova, Pintamos Moito, co traballo dos seus nenos, e o do Concello a maior escala, Derrubando Muros, con artistas locais e a colaboración das artistas coordinadoras Paula Fraile e Roberta Venanzi que comezaron o traballo co mural da rotonda ao lado da rúa do Sol.

En Pintamos Moito, colaboran desinteresadamente os artistas de Crea Formas Mon Lendorio, Milagros Cotelo, Santi Picos, Cristina Castro, Isa Fernández e  O´Mighelo. Ademáis de Lidia Cambón.

Aqui podedes ver como vai o muro coordinado por Mon na rúa Vila de Noia.









Este outro está na Gran Vía. Conta con Cristina Castro e vai sobre o tema do Pedibús. 





Na rúa Barcelona, traballa O´Mighelo cun mural dedicado ós bosques.






E finalmente na rotonda que vai cara a Razo, en Rego da Balsa, co tema da praia, está Milagros.





En Derrubando Muros están traballando Paula, Roberta, Cristina, Emi de las Heras e proximamente Eva Facal, Mon Lendoiro, Santi Picos, Lola Oviedo e Antonio Reino. Esperase ao longo das seguintes semans a incorporación de Chiña e O´Mighelo, e pretenden seguir chamando a máis xente de Crea Formas. Aquí podedes ver unha reunión nun momento de descanso, mentres se fan os preparativos. Carballo vai quedar do máis colorido.



Eva Facal e Emi de las Heras


Roberta Venanzi e Paula Fraile


Mon, Cristina, Roberta, Paula, Eva e Emi

venres, 7 de marzo de 2014

Lola Oviedo en "Mar de Encuentros"


Obras que levan xa expostas unhas semanas na tenda de roupa "Mar de Encuentros" na rúa Valle Inclán nº 13, izq. de Carballo. Estarán alí ata finais de marzo.
Son un pupurri variado dos últimos traballos  artísticos desta grabadora de Caión, unha artista multidisciplinar que ten no seu haber una gran experiencia neste sector e que agora emprendese como artesá onde inclue chals feitos a man con texidos naturais e outras prendas de vestir.



















Aves. Cristina Castro


Durante un mes poderá verse en Arteixo esta exposición sobre paxaros de diversos países dende os EUA ata Australia, realizados en varias técnicas, sobre todo acrílicos, e en tamaños pequenos, nos que a autora está máis cómoda. Non dubidedes en ir á Bata de Guata dende hoxe ata o 3 de abril. Alí espéranvos os cadros e ilustracións e mesmo os oiredes cantar nun acolledor ambiente. ¡Cazar para a vosa casa un par de aves exóticas!