luns, 29 de xuño de 2015

PechaKucha en Carballo

Este xoves día 2 e o vindeiro 9 haberá dúas sesións de pecha kucha (20x20) na biblioteca de Rego da Balsa en Carballo. Falarase sobre arte, sobre o percorrido artístico de varios convidados. Os participantes deste evento que terá lugar ás 20:30 horas, son por orde de participación: Cristina Castro, Mon Lendoiro, A.M.A., Milagros Cotelo, Orelí Pello, Lidia Cambón e o colectivo Crea Formas. O día 9 participarán: Santi Picos, Esther Xeix, Emi de las Heras, Rachele Cavallo, Criss Becerra, Laura Tova e Surf and Sun.
Se estás pola zona, non dubides en asistir a estas presentacións que son tan dinámicas e visuais. 20 diapositivas con 20 segundos de duración cada unha para presentar ideas, proxectos e deseños. 


domingo, 21 de xuño de 2015

Programa de Arte na Rúa


ESTES SON OS OBRADOIROS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DO CONCELLO de 12.00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 o día 4 de xullo.
É imprescindible facer unha inscrición previa en tódolos obradoiros no seguinte enderezo electrónico
CREARTENARUA@GMAIL.COM
ou no teléfono:
636 947 165

-Fotografía:Uso e manexo da cámara fotográfica (imprescindible tamén ter cámara).

Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Barro con Isa Fernández e Tomás Luna

Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Estampación con Mon Lendoiro e Milagros Cotelo
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Teatro de sombras con AMA e Laura Tova
A partir de 16 anos/ 20 prazas/ Ludoteca
Mesmo grupo todo o día

-Mandalas con Chiña e Raúl Herrera
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Papiroflexia con Cristina Castro
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Debuxo libre con Santi Picos
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Collage dunha obra artística con Adriana Díaz
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.


-Sumi-e

Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Arte no chan
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Obradoiro de danza
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Obradoiro de teatro
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Obradoiro poético literario
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

-Obradoiro de Música
Todas as idades/ 20 prazas/ varios grupos ao longo do día.

martes, 16 de xuño de 2015

Crea Formas en Malpica

Exposición Colectiva dos membros de A.C. Crea Formas
No Espazo Expositivo do Centro Cívico de Malpica. Do 19 de xuño ao 17 de xullo.
Performance as 20:30 a cargo de Isa Fernández, Mónica Noya e O'Mighelo.



sábado, 6 de xuño de 2015

Rexenera Fest

Dende o día 1 ata hoxe estase a celebrar o Rexenera Fest en Carballo onde cinco artistas invitados de extensa experiencia están a relizar murais en varios puntos da vila. Nömada na rúa Fomento, Pixel Pancho na Gran Vía e Aryz, Dulk e Bordalo II no Forum. Ata alí foron a ver cómo avanzaban os traballos as nosas socias Eva Facal e Emi de las Heras deixándonos estes bonitos recordos. Tamén estiveron Chiña e Mon Lendoiro.