luns, 29 de xuño de 2015

PechaKucha en Carballo

Este xoves día 2 e o vindeiro 9 haberá dúas sesións de pecha kucha (20x20) na biblioteca de Rego da Balsa en Carballo. Falarase sobre arte, sobre o percorrido artístico de varios convidados. Os participantes deste evento que terá lugar ás 20:30 horas, son por orde de participación: Cristina Castro, Mon Lendoiro, A.M.A., Milagros Cotelo, Orelí Pello, Lidia Cambón e o colectivo Crea Formas. O día 9 participarán: Santi Picos, Esther Xeix, Emi de las Heras, Rachele Cavallo, Criss Becerra, Laura Tova e Surf and Sun.
Se estás pola zona, non dubides en asistir a estas presentacións que son tan dinámicas e visuais. 20 diapositivas con 20 segundos de duración cada unha para presentar ideas, proxectos e deseños. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario