martes, 21 de febreiro de 2017

"Matriz" e "Negro e Sepia"

Esta semana inaugúranse dúas exposicións, unha de Antonio Taracido (venres 24 ás 21:00h no Estudo Garabato) e outra de Teresa Candal (xoves 23 ás 20.30h no Pazo da Cultura). 



xoves, 26 de xaneiro de 2017

Máis expos en Carballo

Mon Lendoiro e Chiña teñen duas exposicións en Carballo: unha no Estudo Garabato, "Catalago", e outra, "Un mar de sensacións" que se inaugura mañá no Pazo da Cultura as 20:30 horas. Estades todos convidados!!!



Alén dos Xéneros

A nosa socia María Marticorena estará na exposición "Alén dos xéneros" no Marco (Museo de Arte Contemporánea) de Vigo ata o 11 de xuño deste ano. A inauguración é este venres 27 de xaneiro.