domingo, 31 de agosto de 2014

"Contos de Taberna". O libro

Contouse coa maior parte dos autores, tanto escritores coma ilustradores, para presentar en sociedade en formato libro o proxecto de promoción da hostalaría local. Houbo varias ausencias, unha moi sentida, a de Milagros Cotelo, que está ingresada no hospital. Dende aquí desexamos que se recupere pronto.




Obradoiros na Praza dos Libros

Ainda que os nenos tardaron en aparecer, a tarde foi todo un éxito. Aquí vedes aos nosos pequenos artistas en plena acción.