sábado, 23 de agosto de 2014

A praza dos libros


Achégase unha nova cita cultural en Carballo. Do 28 ao 31 de agosto no Xardín Municipal. 
No día 30 as 20.30 horas presentarase en formato libro a exitosa iniciativa Contos de Taberna que foi 
presentada neste abril nas propias "tabernas"e na que participaron escritores como  Ramón Vilar, Rosalía Fernández, Mercedes Queixas, Paco Souto, Ignacio Silva, José Antonio Andrade, Farruco Graña, Santi Garrido, Henrique Mariño, Santiago Pazo, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, María Canosa, Alberto Varela, Cabeza Quiles e Beatriz Fraga e os ilustradores O'Mighelo, Pedro Tasende, Milagros Cotelo, Lidia Cambón, Paula Fraile, Mon Lendoiro, Santi Picos, Antonio Reino, Eva Facal, Antonio Taracido, Emi de las Heras, Roberta Venanzi, Chiña, Juan José Barro, Alberto Varela, Jacobo Veiga, Cristina Castro e Manuel Pazos (a maioría deles, membros de Crea Formas).
Ese mesmo día 30, sábado, sobre as 5:30 tamén haberá obradoiros para nen@s e calquera que queira pasar pola praza. Participaran Isa Fernández e Adriana Díaz con "Transoñando, da volumen aos teus personaxes favoritos" (obradoiro de barro), Santiago Picos con"Arqueoloxía da Memoria" (Obradoiro dedicado a Urbano Lugrís, figuras abstractas e conceptuais), O'Mighelo con "Marcapáxinas da praza dos libros", Cristina Castro con "Facendo personaxes" e Mon Lendoiro con "Ilustrando un Conto", entre outros artistas colaboradores. Haberá mais obradoiros.Animádevos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario