sábado, 23 de agosto de 2014

Aniversario Asunción Antelo

O pasado día 9 foi o 95 aniversario da polifacética coristanquesa Asunción Antelo máis coñecida como a Rexoubeira de Bergantiños (é campesiña, escultora, oleira, canteira e escritora.) e recibiu no patio da súa vivenda de Segufe (Seavia), na compaña do seu irmán José, a unha morea de amigos que se dispuxeron nunha roda para homenaxeala. Entre eles estaban os nosos socios O'Mighelo, que recitou, e Isa Fernández e Mon Lendoiro, que cantaron Lela en vivo e en directo. Déixovos coas imaxes da homenaxe. Que as disfrutedes.













Ningún comentario:

Publicar un comentario