sábado, 24 de xaneiro de 2015

TEDx Galicia

Onte celebráronse as conferencias de TEDx Galicia no Pazo de Cultura de Carballo. Unha das protagonistas foi a nosa pintora Milagros Cotelo, que demostrou que se poden superar tódalas barreiras con tenacidade.










Carballés do Ano

A nosa asociación é aspirante ao premio de Carballés do Ano que entrega o Padroado Fogar de Bergantiños. Nunhas semanas saberanse os candidatos definitivos. Que emoción. Mentres podedes ter mais información aquí.

venres, 16 de xaneiro de 2015

"Tinta" de Juan Casares

Dende o 15 de xaneiro pódese ver esta mostra fotográfica sobre o mundo da tatuaxe no Pazo de Cultura carballés. Foi publicada hoxe na Voz de Galicia esta entrevista ao fotógrafo sobre os traballos da súa exposición.