xoves, 9 de abril de 2015

Segunda edición da Aula de gravado en Carballo


Comenzaron esta semana as clases a cargo do artista noiés Alfonso Costa no Forum. Durante este mes, os martes e mércores, entre as 18:00 e 20:00 horas, varios socios de Crea Formas asistiremos para perfeccionar a nosa técnica nesta disciplina. Ao rematar as clases, organizarase unha nova exposición coa selección dos mellores traballos.


(foto: JM Casal)

Catálago

Dende este luns pódese ver no Centro Cívico de Malpica o proxecto Catálago con textos de Paco Souto e Rosalía Fernandez Rial e as ilustracións de Mon Lendoiro e Chiña. A exposición estará aberta ao público ata o 2 de maio data na que será pechada cunha performance a cargo dos seus catro protagonistas.


(foto: A Voz de Galicia)