venres, 6 de marzo de 2015

Faladoiro con Milagros Cotelo

Comezaron unha serie de faladoiros na nova biblioteca de Rego da Balsa que se celebrarán cada primeiro xoves de mes. Para inaugurar esta boa idea chamaron a nosa socia, Milagros, para que falase da súa experiencia vital e compartise cos presentes o seu punto de vista. A pesar dos nervios, soubo expresar claramente as súas ideas: a súa traxectoria autodidacta a base de erros-rectificacións, as súas preferencias na técnica e as trabas, en xeral, que se encontra nas administracións públicas. Como unha pequena gran guerreira que é, aproveitou para pedir que os responsables das novas edificacións, probasen a estar nunha cadeira de rodas ou cos ollos vendados durante un mes. Pode que a sociedade estea máis concienciada actualmente pero a sensación que ten a artista é que retrocedemos anos en canto a axudas e sente pena polas novas xeracións de discapacitados porque van ter que pasar polo que ela pasou. Hai demasiados prexuízos aínda. Falando co público, a pintora, recoñeceu que trata de reflectir a crueza da vida nos seus cadros mentres que nas súas ilustracións se mostra máis amable.
Unha hora de charla que nos fixo aprender moito os presentes. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario