venres, 4 de abril de 2014

Derrubando muros


O proxecto vai vento en popa. Os artistas locais deixamos os manexables lenzos por enormes muros e andamios, e a tranquilidade da casa ou o do estudio por o bulicio das rúas para chegar a un público máis amplio. Todos coincidimos en que impón e que é unha responsabilidade.
Os novos muros en marcha son os de:
Paula Fraile, no cruce das rúas Valle Inclán, Baixa, Doctor Fleming y Vázquez de Parga, con un mural de inspiración abstracta que aproveita as manchas de humidade.


O de Roberta Venanzi, na traseira da vella estación de autobuses onde está facendo unhas fiestras respetando as divisións da parede.


O de Lidia Cambón, na Escola de Arrabales, uns coloridos debuxos que adornaran por completo o edificio.


O de Cristina Castro, tamén de inspiración infantil, moi preto de alí, na Avenida da Milagrosa.


O de Eva Facal, na rúa do Sol, con un guitarrista cheo de encanto.

E o último de momento, o de Emi de las Heras, adicado ó mundo circense, cuns acróbatas minimalistas, no número 11 da rúa baixa.


Quedan os muros de Mon Lendoiro, preto da nova biblioteca, o de Santi Picos,que espera poder actuar nas inmediacions do colexio Leus, o de Lola Oviedo, o de O'Mighelo, o de Antonio Reino, Chiña, etc.

Podedes seguir o proceso na páxina de Facebook "Derrubando Muros"

Ningún comentario:

Publicar un comentario