xoves, 24 de abril de 2014

Contos de Taberna

Dende onte, Día do Libro, ata o Día das Letras Galegas, estase a desenrolar un proxecto levado a cabo pola concellería de Turismo dentro do programa “Quedamos en Carballo”. Consiste en facer unha consumición mínima de 15 euros en catorce locais da vila, e a cambio conseguirase un conto escrito por autores carballeses…e esta é a gracia, ilustrados tamén por artistas locais ou vinculados ó concello por outros proxectos. Moitos deles membros de Crea Formas. Nesta ligazón tendes máis datos.
Esta é a lista para que non vos perdades a colección:
Ágora. Relato: Henrique Mariño. Ilustración: Mon Lendoriro
A Bombonera. Relato: Xosé Antonio Andrade. Ilustración: Roberta Venanzi
A Cabaña. Relato: Rosalía Fernández Rial. Ilustración: Eva Facal
A Cova.  Relato: Cristina Abelleira. Ilustración: Paula Fraile
A de Pako.  Relato:Mercedes Queixas. Ilustración: Antonio Taracido
A Pedra.  Relato: Paco Souto. Ilustración: Emi de las Heras
Abastos.  Relato: Santi Garrido. Ilustración: Cristina Castro
Ánfora.  Relato: Ramón Vilar Landeira. Ilustración: Antonio Reino
Café Cervantes.  Relato: Ignacio Silva. Ilustración: Santi Picos
Café Valle Inclán. Relato e ilustración: Alberto Varela Ferreiro
Kasa Klandestino.  Relato: Xurxo Borrazás. Ilustración: Milagros Cotelo
Mesón do pulpo.  Relato: Fernando Cabeza Quiles. Ilustración: Pedro Tasende
O Mexillón.  Relato: Beatriz Fraga. Ilustración: Lidia Cambón
O Pescador.  Relato: María Canosa. Ilustración: O’Mighelo

Ningún comentario:

Publicar un comentario