luns, 26 de maio de 2014

Mar de sensacións

Dende este sábado 24 de maio pódense ver no centro cívico de Malpica as obras de Mon Lendoiro e da nosa tamén socia, Chiña, ata o 15 de xuño. As pezas están relacionadas todas, no fondo ou na forma, co mundo do mar. O acto inaugurose cos poetas Rosalía Fernández Rial e Paco Souto. Contouse coa presencia do alcalde malpicán, Eduardo Parga. Anímovos a visitar esta delicada exposición para coñecer máis os traballos destes dous artistas carballeses, sobre todo os de Chiña que pouco se prodiga nas redes.






Ningún comentario:

Publicar un comentario